logo

A asociación Castelo Deporte introduciu a música nos seus eventos no ano 2008, coa celebración de dous concertos que complementaron a oferta deportiva na derradeira semana de agosto, de Occasional Poke e Hugo Torreiro.

O paso definitivo chegou coa celebración do primeiro Castelo Music Festival, no ano 2009 e coa presenza de DJ Leivas como cabeza de cartel.
O festival comezou a consolidarse, e xa no ano 2010 a polideportiva de Castelo encheuse de música coa presenza do coñecido DJ Goro sobre o escenario da parroquia cullerdense. Foi unha festa moi especial, na que a través do proxecto ETIQUEDIS foi o público quen decidiu todos os aspectos organizativos do evento, ao que tamén asistiron grupos como Strabismo, Marxe Eskerda ou Maedi Visna. Os DJ Ramón GZ, Piñas e Álvaro González completaron a oferta, que moitos ampliaron cunha acampada en Castelo.

obx
  Os obxectivos do Castelo Music Festival como evento cultural organizado pola asociación Castelo Deporte pasan polos seguintes puntos:

1. Fomentar a música de base, promover a traxectoria artística e profesional de grupos de recente creación ofrecendo a oportunidade de presentarse ante o público nun festival.

2. Complementar a oferta deportiva da derradeira semana de agosto na parroquia cullerdense de Castelo, en colaboración coa Comisión de Festas.

3. Achegar ao panorama cultural da comarca da Coruña un evento de referencia e con perspectivas de consolidarse a longo prazo como un dos máis importantes de Galicia.

4. Ampliar a oferta lúdica, especialmente para a mocidade, do verán no concello de Culleredo coa promoción dunha actividade innovadora.

5. Continuar co espírito tecnolóxico de Castelo Deporte, coa emisión en streaming do festival en directo a través de internet.

6. Ampliar a traxectoria de Castelo Deporte como entidade promotora de eventos culturais.
publi
on

live