 |
UNHA FESTA NON É UNHA FESTA SEN...
O Castelo Lounge & Drink ofrece o servizo gastronómico e de bebida ao longo de toda a xornada. Con prezos competitivos e populares para que ninguén pase sen acompañar cunha boa copa a música do evento, trátase do bar propio de Castelo Deporte dende o seu nacemento hai varios anos.
A acollida é inmellorable, un equipo de vinte persoas traballa ao longo de toda a noite para que ninguén pase sede...
MÁIS INFORMACIÓN | WEB DO CASTELO LOUNGE & DRINK |
 |
PASA A NOITE AO PÉ DO XALO...
Queres acampar na noite do Castelo Music Festival 2011? Ningún problema. En Castelo, mesmo ao carón do propio recinto, disporás de diferentes espazos para instalar a túa tenda e pasar a noite coa máxima seguridade, sen medo a coller o coche, tamén por responsabilidade... Un entorno natural perfecto facilita pasar a mellor noite do ano nas mellores condicións, porque ademais o Castelo Music Festival non pecha ata que apareza o sol... |
 |
CASTELO EN FESTAS, CASTELO DEPORTE 2011...
A oferta lúdica para finais de agosto en Castelo non remata co Castelo Music Festival 2011, o domingo 21 celébranse partidos de fútbol entre veciños da parroquia, do luns 22 ao venres 26 ten lugar o Castelo Deporte 2011, unha semana de fútbol sala e fútbol virtual na sexta edición dun dos maratóns deportivos máis importantes de Galicia. Todo para dar paso, do 26 ao 28 do mesmo mes, ás festas de Castelo, unhas das máis importantes de Galicia coa mellor churrascada da comarca e a presenza de orquestras da talla de Panorama.
|
 |
 |
|
 |
|